Pintura · Monotipo · Gravado

A emoción da materia e a memoria da cor

Unha exploración poética da figuración expresionista, das paisaxes galegas, do bodegón e do gravado calcográfico, impulsada por unha fascinación constante polas texturas, a luz e a forza expresiva da materia.

“Comentaba eu, hai días, unhas verbas de Claude Monet: ‘Eu pinto como cantan os paxaros’. Deste xeito saben cantar moitas mulleres co seu pincel... A súa é unha conversa coa Natureza e tamén unha cantiga de berce.” — Xosé Filgueira Valverde · Director Emérito do Museo de Pontevedra (1990)
Obra de Clara F. Marín
Clara F. Marín Santiago de Compostela
Traxectoria

Biografía

Vocación docente, formación académica e entrega apaixonada á pintura e ao gravado.

Clara F. Marín
Estudio de Clara F. Marín

Nace en Barcelona e a partir dos sete anos reside en Lugo onde estuda a carreira de Maxisterio. Alí iníciase na pintura nas clases do pintor Blas Lourés.

En 1974 licénciase en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Despois de estancias profesionais en Ferrol, Vic e Noia, fixa a súa residencia en Santiago, onde exerce como profesora no instituto de bacharelato Xelmírez II.

Cursa estudos de esmalte e talla de madeira na escola Mestre Mateo de artes aplicadas de Santiago.

Desde 1982 e durante varios anos asiste a un obradoiro de arte dirixido polo pintor compostelano Quintana Martelo.

A partir de 2007 iníciase no gravado baixo a dirección do artista noiés Alfonso Costa, desenvolvendo unha gran actividade e participando en numerosas exposicións, habendo recibido varios premios con obras seleccionadas en certames internacionais.

Lugo · Blas Lourés

Estudos de Maxisterio e iniciación á pintura.

USC · 1974

Licenciatura en Filoloxía Románica e docencia no IES Xelmírez II.

Quintana Martelo

Obradoiro de pintura desde 1982 e Escola Mestre Mateo.

Alfonso Costa · 2007

Gravado, monotipos e premios en certames internacionais.

Catálogo Razoado

Galería de Obras

As 222 obras catalogadas ordenadas por series temáticas e dimensións orixinais.

Fortuna Crítica

Crítica e Reseñas

Ensaios e recensións publicados por historiadores da arte, escritores e medios especializados.

Crítica sobre Clara F. Marín
“Unha cultura viva que respira planeta, vexetación, froitas e cores de mil tonalidades que se desbordan polos lenzos en monotipos e óleos. Os bodegóns de Marín inundan de alegría vital as salas da fundación nun reclamo de respecto e homenaxe á riqueza dos recursos que a natureza nos brinda, xenerosamente, día a día.”
Juana Abril · Revistart, nº 193 (2019)

Dicionarios, Enciclopedias e Publicacións

    Cronoloxía

    Exposicións

    Mostras individuais, colectivas, feiras internacionais e certames de gravado (1985–2019).

    Exposicións
    Mostra 1
    Mostra 2
    Coleccións & Hemeroteca

    Presenza Institucional

    Organismos públicos, fundacións e publicacións con obra ou referencias de Clara F. Marín.

    Organismos e Fundacións con Obra

      Prensa e Publicacións

        Estudio

        Contactar

        Contacto Clara F. Marín

        Clara F. Marín

        Se o desexa pode enviar un correo electrónico directo á artista para consultas sobre obra, exposicións ou adquisición: